+34 986 60 51 52
amoralia@centrodediaamoralia.es

Servizos Básicos

A

MORALIA CENTRO DE DÍA é un espazo de estimulación que busca favorecer a socialización e a autonomía persoal. Ofrecemos atención persoalizada á medida das necesidades dos nosos usuarios e os seus familiares a través de servizos especializados, co compromiso permanente de buscar os máximos niveis de calidade.

Atención Rehabilitadora

Atención e Coidados Persoales

O noso equipo de Auxiliares de Enfermería ou Xeriatría encárgase de cubrir e atender as necesidades dos nosos usuarios.

Ximnasia Rehabilitadora

O programa de actividades do centro inclue a actividade de ximnasia rehabilitadora todolos días mañá e tarde.

Terapia Ocupacional

A Terapeuta Ocupacional do centro desenvolve o programa de actividades individuais de cada un dos nosos usuarios co obxectivo de promover a autonomía persoal e capacitar ás persoas para realizar as actividades da vida cotiá mediante unha estimulación constante.

Atención Psicosocial

Atención Psicolóxica

O centro conta con un Psicólogo responsable da valoración psicolóxica de cada usuario e deseñar o programa de actividades máis acorde co seu grao de deterioro cognitivo, ó igual que de prestar axuda ás familias que así o requiran.

Animación e Ocio

O noso centro deseña cada ano un programa de actividades que fomentan a sociabilidade dos usuarios.

Atención Social

Dende a dirección do centro coordínase a axuda a cada usuario ou familias en todolos trámites administrativos que requira.
Este sitio Web emprega cookies propias e de terceiros, a fin de mellorar súa experiencia de navegación e analizar as visitas recibidas en aquél mediante Google Analytics.
Para máis información, lea a nosa Política de Cookies.