+34 986 60 51 52
amoralia@centrodediaamoralia.es

O Centro

A

MORALIA Centro de Día encontrase ubicado no Concello de Tui, nunha zona tranquila pero moi ben comunicada. Tratase dun edificio de nova construcción dunha soa planta, que xa foi ideado pensando en dar facilidades ós nosos usuarios, conseguindo un ambiente acolledor, moderno e de doados accesos e gran habitabilidade.

O centro foi concebido para unha capacidade de 58 usuarios, ós cales lle proporcionaremos unha ampla variedade de servicios e actividades para conseguir que manteñan o seu grao de autonomía, tanto a nivel cognitivo como físico, o máximo tempo posible.

Dirixímonos:

  • Tanto a aqueles usuarios sen grao de dependencia que queiran evitar a soidade dos seus domicilios.
  • Como usuarios dependentes por agravamento das suas patoloxías crónicas.
  • E/Ou aqueles usuarios que necesiten estancias temporais para recuperarse de algunha enfermidade ou traumatismo.

Logo Amoralia

A misión de AMORALIA Centro de Día e ser un espazo de estimulación que busque favorecer a socialización e a autonomía persoal dos seus usuarios. Ofrecemos atención persoalizada á medida das necesidades dos nosos usuarios e os seus familiares a través de servizos especializados, co compromiso permanente de buscar os máximos niveis de calidade.

Os pilares da nosa filosofía son:

AMOR + ATENCION ESPECIALIZADA.
SER PROACTIVOS ANTE A DEPENDENCIA.

A dirección do centro

El Centro
Este sitio Web emprega cookies propias e de terceiros, a fin de mellorar súa experiencia de navegación e analizar as visitas recibidas en aquél mediante Google Analytics.
Para máis información, lea a nosa Política de Cookies.