+34 986 60 51 52
amoralia@centrodediaamoralia.es

Aviso Legal

O presente Aviso Legal recolle as condicións xerais que regulan o acceso e utilización do sitio web “www.centrodediaamoralia.es” (en diante, “o sitio Web”) que AMORALIA S.L., con domicilio social en Tui (Pontevedra) ), Barrio de Virgen del Camino, 6 – B, C.P. 36712 e teléfono e e-mail salientados no encabezamento desta páxina, pon gratuitamente a disposición dos usuarios de Internet. AMORALIA S.L. -con CIF B-94079449- atópase inscrita no Rexistro Mercantil de Pontevedra, ó tomo 3.869, folio 210, sección 8ª, folla PO-54.763, e no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servicios Sociais (Consellería de Traballo e Benestar; Xunta de Galicia) có código de inscrición E-5911.

O acceso e utilización do sitio Web implican a aceptación íntegra das presentes estipulacións, sen perxuízo das condicións particulares que puideran aplicarse para determinados e concretos servizos do sitio Web.

Propiedade intelectual e industrial

A propiedade intelectual de tódolos elementos que conforman o sitio Web, así como o seu código fonte, deseño, estrutura de navegación e os distintos elementos nel contidos, corresponde a AMORALIA S.L., ben por gozar da titularidade dos dereitos exclusivos de explotación dos mesmos en calquera forma (especialmente a través dos dereitos de reprodución, distribución, comunicación pública e transformación), ben por contar cas licencias necesarias para a súa publicación.

Autorízase a visualización, impresión e descarga parcial do contido do sitio Web só e exclusivamente se concorren as seguintes condicións:

  • Compatibilidade cós fins do sitio Web.
  • Ánimo exclusivo de obte-la información contida para uso persoal e privado. Prohíbese expresamente a súa utilización para fins comerciais ou ilícitos.
  • Respecto da integridade dos contidos do sitio Web, prohibíndose expresamente calquera modificación dos mesmos.

 

Algunhas imaxes do sitio Web proveñen de páxinas de terceiros. Todas elas son empregadas de boa fe, por atoparse publicadas baixo licencias que permiten a súa utilización comercial de forma gratuíta. En ditos casos, o autor e a fonte aparecen axeitadamente especificados, e aplícaselles a licencia indicada, en cada caso, na páxina de orixe.

O uso non autorizado da información contida no sitio Web, a súa revenda, así como a infracción dos dereitos de propiedade intelectual ou industrial de AMORALIA, S.L., dará lugar ás responsabilidades legalmente establecidas.

Modificacións

Có fin de mellora-las prestacións do sitios Web, AMORALIA, S.L. resérvase a facultade de efectuar, en calquera momento e sen necesidade de previo aviso, modificacións e actualizacións da información contida no sitio Web, da configuración e deseño deste e do presente aviso legal, así como de calquera outras condicións particulares.

Exención de Responsabilidade

AMORALIA, S.L. non garante a inexistencia de interrupcións e erros no acceso ó sitio Web ou ó seu contido, nin que este se atope actualizado, se ben comprométese a levar a cabo -sempre que non concorran causas que o fagan imposible ou de difícil execución, e tan axiña teña novas dos erros, desconexións ou falta de actualización nos contidos- todas aquelas tarefas tendentes a emenda-los erros, restablece-la comunicación e actualiza-los contidos.

AMORALIA, S.L. non asume responsabilidade algunha derivada dos contidos, informacións ou servizos enlazados dende o sitio Web, sempre que sexan alleos á mesma, nin garante a ausencia de virus ou outros elementos nos mesmos que podan producir alteracións no sistema informático (hardware e software), nos documentos ou o ficheiros do usuario, excluíndo calquera responsabilidade polos danos de calquera clase causados ó usuario por este motivo.

AMORALIA, S.L. tampouco se fai responsable dos erros de seguridade que se podan producir, nin dos danos que podan causarse ó sistema informático do usuario (hardware e software), ou ós ficheiros ou documentos almacenados no mesmo, como consecuencia de:

  • A presenza dun virus no ordenador do usuario que sexa utilizado para a conexión ós servizos e contidos do sitio Web.
  • Un mal funcionamento do navegador ou o uso de versións non actualizadas do mesmo.

 

Protección de datos de Carácter Persoal

Para obter información relacionada, siga este enlace: Política de Privacidade

Cookies

Siga estoutro enlace para coñece-la nosa Política de Cookies

Fuero e Xurisdición

As presentes condicións xerais réxense polo Dereito español.

AMORALIA, S.L. e o usuario, con renuncia expresa a calquera outro foro e xurisdición que puidera corresponderlles, se someten ós xulgados e tribunais de Vigo (Pontevedra) para calquera controversia que puidera derivarse do acceso ou utilización do sitio Web.

Este sitio Web emprega cookies propias e de terceiros, a fin de mellorar súa experiencia de navegación e analizar as visitas recibidas en aquél mediante Google Analytics.
Para máis información, lea a nosa Política de Cookies.